Deseño de iluminación e videoescena
Cía Quinta do Cuadrante e Incendiaria
Dirección: Tito Asorey










ESPAZO E LUZ
Dirección artística do directo de Terra, de Tanxugueiras, no Benidorm Fest
Fotografías de Rocío Cibes:
Deseño de escenografía e iluminación en colaboración con Beatriz de Vega e Violeta Martinez Rivera para a posta en escena do disco Akelarre, de Mounqup
_______________________
Diseño de escenografía e iluminacion en colaboración con Beatriz de Vega y Violeta Martínez Rivera para la puesta en escena del disco Akelarre, de Mounqup
Produción do Centro Dramático Galego
Deseño de espazo xunto con Carmen Triñanes
Deseño de iluminación e videocreación
Dirección: Pálido Domingo
_______________________
Fotografías de Miramemira
Fotografías de Laura Iturralde
BIO LAURA R. ITURRALDE
Técnica Superior en Imaxe e en Gráfica Publicitaria e Titulada Superior en Arte Dramática na especialidade de Escenografía. Finaliza en 2017 o Mestrado en Profesorado.
Dentro dos seus traballos podemos destacar a dirección artística de Terra, do grupo galego Tanxugueiras para o festival de Benidorm, actuación que acadou o 70% das votacións do público e que contabiliza case 5 millóns de visualizacións en Youtube ou o deseño de iluminación e videoescena de Fariña, produción teatral vista xa por máis de 50.000 espectadores.
Traballa como iluminadora, escenógrafa e videocreadora con múltiples proxectos escénicos, artistas ou compañías como Mercedes Peón, Brigitte Vasallo, A Quinta do Cuadrante, Centro Dramático Galego, Cía Borja Fernández, ou Pálido Domingo. Desenvolve tamén o seu traballo máis persoal nos proxectos de música con visuais como Corvax e en instalacións como Centinela.
Recibe en 2018 o Premio María Casares á mellor escenografía polo seu traballo en Resaca (ilMaquinario)e en 2019, 2020 e 2021 outórganlle este mesmo galardón na categoría de iluminación por Invisibles (Redrum Teatro) e O Empapelado Amarelo (A Quinta do Cuadrante)e Bailar Agora (Marta Alonso Tejada) respectivamente. Recibe tamén en 2021 o premio Rogelio de Egusquiza, da Asociación de Directores de Escena de España pola iluminación de Fariña, de Ainé Producións. Suma así un total de 5 premios e 7 nominacións nos últimos 4 anos.
Explora desde 2016 a liña do live cinema e as visuais a tempo real a través de cámara en vivo participando con proxectos como Lorca Namorado, Oh! Rosas vivas, Vesalii Icons do TAC, Trilitrate e Nostoc.
Combina a súa actividade en artes vivas coa docencia, impartindo en diversas entidades cursos vencellados á creación de videoescena e á iluminación para espectáculos e exercendo de docente de Iluminación de xeito temporal na Escola de Arte Dramática de Galicia
.ESTUDOS OFICIAIS
2017: Mestrado en Profesorado na Especialidade de Arte. Universidade de Vigo.
2015: Titulada Superior en Arte Dramático na Especialidade de Escenografía. ESAD de Galicia
2007: Técnica Superior en Gráfica Publicitaria. Escola de Arte de Salamanca.
2004: Técnica Superior en Imaxe. EISV
EXPERIENCIA PROFESIONAL
2022: Deseño de iluminación da produción de danza Transfixión de Fran Martínez
2022: Dirección de Arte no videoclip Koun(t)erPoint de María Dominguez
2022: Dirección de Arte para o directo de Terra, de Tanxugueiras no BenidormFest
2021: Deseño de iluminación, espazo e videoescena na produción Naxos de Brigitte Vasallo
2021: Deseño de iluminación e videocreación na produción musical Oh! Rosas Vivas do Ensemble Barroco Gallaecia
2021: Deseño de iluminación na produción Semente de Nós, de Sarabela Teatro
2021: Deseño de iluminación e videoescena na produción A lúa vai encuberta, coproducida pola Quinta do Cuadrante e Incendiaria
2021: Deseño de espazo escénico xunto con Carmen Triñanes, iluminación e videoescena na produción Serva me, Servabo te, do Centro Dramático Galego
2021: Deseño de iluminación e set para o directo do disco Aquelarre, de Mounqup, en colaboración con Violeta Fernández Rivera e Beatriz de Vega
2021: Deseño de iluminación para a produción de danza aérea Vértigo de Pista Catro
2021: Deseño de iluminación para o directo Cello & Ellectronics de Margarida Mariño
2021: Deseño de iluminación, caracterización e videoescena na produción Phármakon, de Pablo Seoane
2021: Deseño de iluminación e espazo escénico na produción Estrela do día, de Producións Teatrais Excéntricas
2021: Deseño de iluminación e espazo escénico na produción Osmose, de Mercedes Peón
2020: Deseño de iluminación e espazo escénico na produción Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada
2020: Deseño de iluminación na produción Microspectivas dun Marica Millenial, de Cía Incendiaria
2020: Deseño de iluminación na produción Espida, de Compañía IO
2020: Deseño de iluminación e videoescena na produción Pentecostés, da Cía Pálido Domingo
2019: Deseño de iluminación e videoescena na produción Fariña, de Ainé Producións
2019: Deseño de iluminación na produción A Gala, da Cía Licenciada Sotelo
2019: Efectos visuais (luz e proxeccións) na curtametraxe Augas Abisais, de Xacio Baño
2019: Deseño de iluminación e videoescena na produción O Inevitable, do Colectivo Marciano Balboa
2019: Deseño de iluminación e espazo escénico na produción O Empapelado Amarelo da Cía Quinta do Cuadrante
2018: Deseño de iluminación da produción Invisibles de Redrum Teatro
2018: Deseño de videoproxeccións na produción Sofía e as postsocráticas, de Inversa teatro
2018: Deseño de iluminación na produción Nómades, de Xarope Tulú
2018: Deseño de iluminación na produción As vacacións máis longas de Diego M. Buceta
2017: Deseño de iluminación na produción Elisa e Marcela, da Cía A Panadaría
2017: Deseño de iluminación na produción Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, da Cía Pálido Domingo
2017: Deseño de escenografía na produción Resaca, de IlMaquinario Teatro
2017: Deseño de iluminación e videoescena na produción Salvador, de Cía Borja Fernández
2016: Deseño de iluminación e videoescena na produción Insulto ao Público, de Cía Borja Fernández
2016: Dirección de arte do videoclip Drop, de Skygaze
2015: Deseño de escenografía e iluminación na produción Listo para Sentenza, de Triatreros Teatro
2015: Deseño de escenografía, iluminación e videoescena na produción Ganas de Ouvear, coprodución de Catrocadeiras, Centro Dramático Nacional e Teatre Nacional de Catalunya.
2013: Deseño de Iluminación da produción Barbazul, de Cía Borja Fernández
2013: Deseño de iluminación e escenografía na produción Matanza, de Triatreros Teatro
2013: Deseño de escenografía na produción A idade da pavía de Sarabela Teatro
PREMIOS E MÉRITOS
– 2018: Premio María Casares á mellor Escenografía por Resaca, de IlMaquinario Teatro
– 2019: Premio María Casares á mellor Iluminación por Invisibles, de Redrum Teatro
– 2020: Premio María Casares á mellor iluminación por O Empapelado Amarelo, de Cía A Quinta do Cuadrante
– 2020: Nominación ao premio María Casares á mellor iluminación por Fariña, de Ainé Producións
– 2021: Premio Rogelio de Egusquiza, da Asociación de Directores de Escena de España pola iluminación de Fariña, de Ainé Producións
– 2021: Nominación ao premio María Casares á mellor iluminación por Microspectivas dun Marica Milennial de Cía Incendiaria
-2021: Premio María Casares á mellor iluminación polo espectáculos Bailar Agora de Marta Alonso Tejada
Deseño de iluminación para o proxecto “Cello & Ellectronics” de Margarida Mariño
_______________________
Diseño de iluminación para el proyecto “Celo & Ellectronics” de Margarida Mariño
Na Praza de Frómista exponse a instalación interactiva “Centinela” de Laura Iturralde. A artista, escenógrafa eiluminadora móvese entre as artes escénicas, a música e o cinema en directo. Neste caso propón un audiovisual de gran formato cuxa temática é a mirada. A obra materialízase en multitude de ollos que observan desde unha fachada. Son as miradas de espectadores, previamente rexistradas, as que se proxectan nun edificio convertendo ao paseante en observado. O espectador observa pero tamén é obxecto doutras miradas. Ao tempo, como nun espello, ese ollo vixiante pode observarse a si mesmo multiplicado sobre a arquitectura. Unha obra de metalinguaxe, que se abre a distintas interpretacións e que Iturralde conecta co fenómeno dos “policías de balcón”, persoas que durante o confinamento polo Coronavirus vixiaban desde as súas casas o cumprimento das normas, chegando a increpar ou insultar a un paseante cuxas circunstancias descoñece.
“Fala de por que sentimos con dereito a xulgar a outras persoas baseándonos en constructos sociais, de como este constructo cambia as tornas, facéndonos obxecto de miradas alleas. Así, convertémonos en vítimas e verdugos nun xogo ficticio.”
Deseño de espazo e iluminación de Osmose, de Mercedes Peón, en colaboración con Peque Varela
Fotografías e video de Maider Jiménez
Deseño de iluminación, deseño de videoescena e deseño de caracterización no espectáculo Phármakon/ Dirección: Pablo Seoane. Coprodución da Cidade da Cultura e Centro Dramático Galego.
Videoescena deseñada a partir de escanografías.