BIO+CV

BIO LAURA R. ITURRALDE

Técnica Superior en Imaxe e en Gráfica Publicitaria e Titulada Superior en Arte Dramática na especialidade de Escenografía. Finaliza en 2017 o Mestrado en Profesorado.

Dentro dos seus traballos podemos destacar a dirección artística de Terra, do grupo galego Tanxugueiras para o festival de Benidorm, actuación que acadou o 70% das votacións do público e que contabiliza 8 millóns de visualizacións en Youtube ou o deseño de iluminación e videoescena de Fariña, produción teatral vista xa por máis de 70.000 espectadores.
Traballa como iluminadora, escenógrafa e videocreadora con múltiples proxectos escénicos, artistas ou compañías como Mercedes Peón, Brigitte Vasallo, A Quinta do Cuadrante, Centro Dramático Galego, Cía Borja Fernández, ou  Pálido Domingo. Desenvolve tamén o seu traballo máis persoal nos proxectos de música con visuais como Corvax e en instalacións como Fenda ou Centinela.

Recibe en 2018 o Premio María Casares á mellor escenografía polo seu traballo en Resaca  (ilMaquinario)e en 2019, 2020 e 2021 outórganlle este mesmo galardón na categoría de iluminación por Invisibles (Redrum Teatro) e  O Empapelado Amarelo (A Quinta do Cuadrante)e Bailar Agora (Marta Alonso Tejada) respectivamente.  Recibe tamén en 2021 o premio  Rogelio de Egusquiza, da Asociación de Directores de Escena de España pola iluminación de Fariña, de Ainé Producións. Suma así un total de 5 premios e 9 nominacións nos últimos 5 anos.

Explora desde 2016 a liña do live cinema e as visuais a tempo real a través de cámara en vivo participando con proxectos como Lorca Namorado, Oh! Rosas vivas, Vesalii Icons do TAC, Trilitrate e Nostoc.

Combina a súa actividade nas artes vivas coa docencia, impartindo en diversas entidades cursos vencellados á creación de videoescena e á iluminación para espectáculos e exercendo de docente de  Iluminación de xeito temporal na Escola de Arte Dramática de Galicia.

Desde 2022 é vogal galega da Asociación de Autores de Iluminación, entidade adicada á obtención de recoñecemento da figura do Deseñador/a de iluminación.

ESTUDOS OFICIAIS

2017: Mestrado en Profesorado na Especialidade de Arte. Universidade de Vigo.

2015: Titulada Superior en Arte Dramático na Especialidade de Escenografía. ESAD de Galicia

2007: Técnica Superior en Gráfica Publicitaria. Escola de Arte de Salamanca.

2004: Técnica Superior en Imaxe. EISV

EXPERIENCIA PROFESIONAL

2023: Deseño de iluminación na produción La Buena Muerte, de Cristina Moreira

2022: Deseño de iluminación en colaboración con José Faro na produción Backup, de Dste Xeito Producións

2022: Deseño de iluminación e coordinación técnica no Comisariado Interdisciplinar do Festival Curtocircuito, coa peza Caer en Santiago de Richard Mascherin

2022: Deseño de iluminación da produción de danza Somaficción, de Fran Martínez e Elena Carvajal

2022: Deseño de iluminación da produción Recortes, caneos e outras formas de driblar, coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé

2022: Deseño da instalación Fenda , dentro da intervención Mulleres Extramuros da Deputación de Pontevedra

2022: Deseño de iluminación da produción Continente María, de Ainé Producións

2022: Deseño de iluminación da produción de danza Transfixión de Fran Martínez

2022: Dirección de Arte no videoclip Koun(t)erPoint de María Dominguez

2022: Dirección de Arte para o directo de Terra, de Tanxugueiras no BenidormFest

2021: Deseño de iluminación, espazo e videoescena na produción Naxos de Brigitte Vasallo

2021: Deseño de iluminación e videocreación na produción musical Oh! Rosas Vivas do Ensemble Barroco Gallaecia

2021: Deseño de iluminación na produción Semente de Nós, de Sarabela Teatro

2021: Deseño de iluminación e videoescena na produción A lúa vai encuberta, coproducida pola Quinta do Cuadrante e Incendiaria

2021: Deseño de espazo escénico xunto con Carmen Triñanes, iluminación e videoescena na produción Serva me, Servabo te, do Centro  Dramático Galego

2021: Deseño de iluminación e set para o directo do disco Aquelarre, de Mounqup, en colaboración con Violeta Fernández Rivera e Beatriz de Vega

2021: Deseño de iluminación para a produción de danza aérea Vértigo de Pista Catro

2021: Deseño de iluminación para o directo Cello & Ellectronics de Margarida Mariño

2021: Deseño de iluminación, caracterización e videoescena na produción Phármakon, de Pablo Seoane

2021: Deseño de iluminación e espazo escénico na produción Estrela do día, de Producións Teatrais  Excéntricas

2021: Deseño de iluminación e espazo escénico na produción Osmose, de Mercedes Peón

2020: Deseño de iluminación e espazo escénico na produción Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada

2020: Deseño de iluminación na produción Microspectivas dun Marica Millenial, de Cía Incendiaria

2020: Deseño de iluminación na produción Espida, de Compañía IO

2020: Deseño de iluminación e videoescena na produción Pentecostés, da Cía Pálido Domingo

2019: Deseño de iluminación e videoescena na produción Fariña, de Ainé Producións

2019: Deseño de iluminación na produción A Gala, da Cía Licenciada Sotelo

2019: Efectos visuais (luz e proxeccións) na curtametraxe Augas Abisais, de Xacio Baño

2019: Deseño de iluminación e videoescena na produción O Inevitable, do Colectivo Marciano Balboa

2019: Deseño de iluminación e espazo escénico na produción O Empapelado Amarelo da Cía Quinta do     Cuadrante

2018: Deseño de iluminación da produción Invisibles de Redrum Teatro

2018: Deseño de videoproxeccións na produción Sofía e as postsocráticas, de Inversa teatro

2018: Deseño de iluminación na produción Nómades, de Xarope Tulú

2018: Deseño de iluminación na produción As vacacións máis longas de Diego M. Buceta

2017: Deseño de iluminación na produción Elisa e Marcela, da Cía A Panadaría

2017: Deseño de iluminación na produción Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, da Cía Pálido Domingo

2017: Deseño de escenografía na produción Resaca, de IlMaquinario Teatro

2017: Deseño de iluminación e videoescena na produción Salvador, de Cía Borja Fernández

2016: Deseño de iluminación e videoescena na produción Insulto ao Público, de Cía Borja Fernández

2016: Dirección de arte do videoclip Drop, de Skygaze

2015: Deseño de escenografía e iluminación na produción Listo para Sentenza, de Triatreros Teatro

2015: Deseño de escenografía, iluminación e videoescena na produción Ganas de Ouvear, coprodución de Catrocadeiras, Centro Dramático Nacional e Teatre Nacional de Catalunya.

2013: Deseño de Iluminación da produción Barbazul, de Cía Borja Fernández

2013: Deseño de iluminación e escenografía na produción Matanza, de Triatreros Teatro

2013: Deseño de escenografía na produción A idade da pavía de Sarabela Teatro

PREMIOS E MÉRITOS

2018: Premio María Casares á mellor Escenografía por Resaca, de IlMaquinario Teatro

2019: Premio María Casares á mellor Iluminación por Invisibles, de Redrum Teatro

– 2020: Premio María Casares á mellor iluminación por O Empapelado Amarelo, de Cía A Quinta do Cuadrante

– 2020: Nominación ao premio María Casares á mellor iluminación por Fariña,  de Ainé Producións

– 2021: Premio Rogelio de Egusquiza, da Asociación de Directores de Escena de España pola iluminación de Fariña, de Ainé Producións

– 2021: Nominación ao premio María Casares á mellor iluminación por Microspectivas dun Marica Milennial de Cía Incendiaria

-2021: Premio María Casares á mellor iluminación polo espectáculos Bailar Agora de Marta Alonso Tejada

A %d blogueros les gusta esto: