Na Praza de Frómista exponse a instalación interactiva “Centinela” de Laura Iturralde. A artista, escenógrafa eiluminadora móvese entre as artes escénicas, a música e o cinema en directo. Neste caso propón un audiovisual de gran formato cuxa temática é a mirada. A obra materialízase en multitude de ollos que observan desde unha fachada. Son as miradas de espectadores, previamente rexistradas, as que se proxectan nun edificio convertendo ao paseante en observado. O espectador observa pero tamén é obxecto doutras miradas. Ao tempo, como nun espello, ese ollo vixiante pode observarse a si mesmo multiplicado sobre a arquitectura. Unha obra de metalinguaxe, que se abre a distintas interpretacións e que Iturralde conecta co fenómeno dos “policías de balcón”, persoas que durante o confinamento polo Coronavirus vixiaban desde as súas casas o cumprimento das normas, chegando a increpar ou insultar a un paseante cuxas circunstancias descoñece.
“Fala de por que sentimos con dereito a xulgar a outras persoas baseándonos en constructos sociais, de como este constructo cambia as tornas, facéndonos obxecto de miradas alleas. Así, convertémonos en vítimas e verdugos nun xogo ficticio.”







